Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.017

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DA CORUÑA

ACORDO do 9 de maio de 2003 polo que se fai pública a comunicación do director do Centro Territorial de Televisión Española en Galicia, participando que o dito centro emisor, en desconexión para a comunidade autónoma en La 2 de TVE emitirá, entre os días 14 e 23 de maio, diversas entrevistas a representantes das entidades políticas que concorren ás eleccións locais.

En cumprimento do previsto no parágrafo segundo da norma sexta da instrucción da Xunta Electoral Central do 13 de setembro de 1999 (BOE número 222, do 16 de setembro), dictada en desenvolvemento do artigo 66 da Lei orgánica 5/1985, do 19

de xuño, de réxime electoral xeral, sobre procedemento dos recursos contra os actos dos medios de comunicación en período electoral, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia da comunicación do director do Centro Territorial de Televisión Española en Galicia, na que participa que o dito centro emisor, en desconexión para a comunidade autónoma en La 2 de TVE, emitirá, entre os días 14 e 23 de maio, diversas entrevistas a representantes das entidades políticas que concorren ás eleccións locais.

De conformidade co establecido na mencionada instrucción, as entidades políticas afectadas poderán examina-la dita programación nas dependencias desta Xunta Electoral Provincial, sita no edificio da audiencia provincial, praza primeira, rúa Capitán Juan Varela, s/n, desta cidade da Coruña, no prazo

preclusivo dun día desde a publicación deste acordo e formula-los recursos que coiden pertinentes.

A Coruña, 9 de maio de 2003.

Cándido Curiel Fernández

Secretario da Xunta Electortal Provincial da

Coruña

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA