Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.018

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de maio de 2003 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001.

Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro) para o ingreso en distintas escalas do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) e realizado o acto previsto na Orde do 25 de abril de 2003.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas con

cordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo,

DISPÓN:

Nomear funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas, os aspirantes que superaron o proceso selectivo polo sistema de acceso libre e que se relacionan no anexo desta orde, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicándolles, como destino provisional, o que figura no anexo.

Para adquirren a condición de funcionarios, as persoas ás que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Apelidos e nomeDNICódigo do postoDenominaciónNivelConcelloProvinciaCarácter

García Ferradas, Rosa Ana52492707-ZIC.C99.10.000.36001.054Enxeñeiro superior26PontevedraPontevedraProvisional

Recuna Carrasco, Rafael32778495-EIC.C99.10.000.15001.058Enxeñeiro superior26A CoruñaA CoruñaProvisional

Covelo López, Susana36132429-GIC.C03.00.003.15770.010Enxeñeiro superior26Santiago de C.A CoruñaProvisional

Pérez Ayuso, María Dolores50958995-BIC.C99.10.000.32001.041Enxeñeiro superior26OurenseOurenseProvisional

Rosa Calvo, María Teresa11422878-CIC.C99.10.000.27001.023Enxeñeiro superior26LugoLugoProvisional

Martínez Suárez, Xuan Carlos32869213-MIC.C99.10.000.27001.024Enxeñeiro superior26LugoLugoProvisional