Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.010

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

ORDE do 2 de maio de 2003 pola que se regulan as axudas para investimento de centros e servicios de atención a menores dependentes de entidades de iniciativa social e se procede á súa convocatoria.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º, asígnalle á Comunidade Autónoma competencias exclusivas en materia de asistencia social.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, inclúe, no seu artigo 5.3º, como unha das súas áreas

de actuación a familia, infancia e mocidade, e nos artigos 53 ó 57 inclusive, as liñas, forma de convocatoria, condicións, requisitos e tipos de subvencións que poderán establecerse na materia.

O Decreto 195/2003, do 20 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, atribúelle á devandita consellería, no seu artigo 1, competencia en materia de familia, infancia e menores, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia.

A Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia, establece no seu artigo 15 b) que a Xunta de Galicia promoverá o coñecemento e fomento dos recursos destinados á atención á infancia e á adolescencia, procurando que os menores dispoñan dos medios necesarios para o seu desenvolvemento integral.

No texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 6/2002, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, establécense os requisitos e normas necesarios e básicos para a xestión e actividade económico-financeira, normativa á que, en consecuencia, se adaptará a presente orde tendo en conta en todo caso os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Na aplicación 14.02.212D.780.0 existe partida orzamentaria para as axudas que se establecen nesta orde, reservándose para tal efecto un crédito de 180.304 A.

Consonte o exposto, e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto desta orde é establece-las bases polo que se rexe a concesión de axudas económicas para as entidades de iniciativa social que presten servicios de atención ós menores institucionalizados, co fin de levar a cabo os investimentos que sexan necesarios para a súa adecuación ós principios establecidos no Plan de equipamentos na área de menores en desprotección social, incluído no Plan integral de apoio á familia.

Os centros e servicios obxecto de subvención en virtude desta convocatoria son aqueles establecementos que serven de soporte convivencial para unha atención especializada a menores en situación de desamparo ou marxinación social, non susceptibles de acollerse a outro tipo de medidas (axudas en familia, adopcións, acollementos familiares,... ), que ofrecen transitoriamente aloxamento, asistencia integral e unha dotación de servicios e programas especialmente orientados cara á normalización, per

sonalización e integración socio-familiar dos seus beneficiarios.

Artigo 2º.-Destinatarios.

Poderán solicita-la concesión das axudas as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, titulares de centros tipificados como centros de menores que reúnan os seguintes requisitos:

-Estean inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais desta consellería, segundo o disposto no Decreto 291/1995, do 3 de novembro (DOG nº 218, do 14 de novembro), polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, no relativo ós rexistros de entidades prestadoras de servicios sociais.

-Teñan obtido o permiso para o inicio das actividades do centro ou o teñan solicitado neste ano.

Ademais, as ditas entidades deben cumpri-los requisitos establecidos no artigo 56 da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais (DOG nº 76, do 23 de abril), no Decreto 243/1995, do 28 de xullo (DOG nº 159, do 21 de agosto) polo que se regula o réxime de autorización e acreditación de centros de servicios sociais e na Orde do 29 de febreiro de 1996 (DOG nº 57, do 20 de marzo), modificada pola Orde do 6 de novembro de 2000 (DOG nº 224, do 20 de novembro), pola que se regulan os requisitos específicos que deben reuni-los centros de menores e os centros de atención á infancia.

Artigo 3º.-Tipo de axuda.

A axuda destinada a estes servicios concederase en forma de subvención para investimento, entendéndose por tal os seguintes conceptos:

-Reforma, ampliación ou mellora de edificios e instalacións.

-Equipamento e mobiliario.

-Adquisición de inmobles.

-Construcción de nova planta.

Artigo 4º.-Contía das axudas.

A contía destas axudas fixarase en función das necesidades de cada centro, do proxecto presentado para tal fin e do orzamento total asignado a este.

Artigo 5º.-Normas xerais de subvencións.

a) O importe das subvencións para investimento reguladas nesta convocatoria en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas, ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario.

b) A Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado poderá efectua-las comprobacións que consideren oportunas en canto ó cumprimento dos requisitos esixidos pola Lei de servicios sociais de Galicia ás entidades de iniciativa social.

Artigo 6º.-Solicitudes e documentación.

As entidades presentarán xunto coa solicitude (anexo I) a documentación que a continuación se sinala:

1. Documentación xeral:

a) Memoria da institución segundo modelo oficial (anexo II).

b) Fotocopia compulsada da acreditación da personalidade e representación do solicitante.

c) Fotocopia compulsada da tarxeta de identificación fiscal da entidade.

d) Declaración do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos.

e) Fotocopia compulsada dos estatutos ou das variacións que houbese neles para aquelas entidades que soliciten subvencións por primeira vez, ou as que aínda téndoas solicitadas en anos anteriores, sufriran variacións estatutarias.

2. Documentación específica:

2.1. Para adquisición de bens inmobles:

a) Certificado do Rexistro da Propiedade no que se acredite que o inmoble obxecto da adquisición está libre de cargas, así como a titularidade deste a favor do vendedor.

b) Documento de opción de compra, no que se indicará a data de caducidade desta, así como o prezo e a forma de pagamento.

c) Informe técnico sobre o estado do inmoble.

2.2. Para subvencións de construcción, reforma e adecuación:

a) Certificado do Rexistro da Propiedade que acredite o dominio do solicitante do inmoble ou, se este é en alugamento ou cedido, certificado do propietario facendo consta-las condicións nas que se efectuou este e a súa conformidade coas obras que se pretenden realizar.

b) Certificado do concello correspondente no que se faga constar que os plans urbanísticos aprobados e as ordenanzas municipais en vigor permiten a realización da obra que se proxecta.

c) Memorias das obras que se van realizar, cun orzamento incorporado.

d) Plan de financiamento da obra.

e) Cando a subvención se solicite para a creación dun centro ou no caso de que a reforma ou adecuación supoñan unha modificación substancial do centro, segundo establece o artigo 14.2º do Decreto 243/1995, é necesario presentar copia da solicitude da oportuna autorización administrativa ou desta autorización se xa estivese concedida.

2.3. Para subvencións de equipamento:

a) Memoria do equipamento e orzamento do importe das adquisicións que se pretendan realizar, axustándose a criterios de funcionalidade e economía.

b) No caso de que no ano anterior se subvencionase a construcción do centro, acreditación de que a obra está totalmente rematada.

Artigo 7º.-Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

A solicitude e maila documentación requiridas presentaranse de conformidade cos modelos normalizados nos rexistros das delegacións provinciais da

Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado da provincia onde se sitúa o centro no que se realizará o investimento, sendo de aplicación en todo caso o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Aquelas entidades, que tivesen equipamentos en varias provincias presentarán, se é o caso, unha solicitude para cada provincia competente.

O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 43 da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Artigo 8º.-Tramitación dos expedientes.

1. As delegacións provinciais da consellería comprobarán que os expedientes reúnen tódolos requisitos previstos na presente orde. De non ser así, requirirase o interesado ou, se é o caso, o seu representante, para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixese así, de acordo co artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, terase por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá dictarse nos termos previstos no artigo 42 da mesma lei.

2. Revisados os expedientes e completados, se é o caso, remitiranse á comisión provincial de valoración, que terá a función de propoñe-la aprobación ou denegación das axudas, seguindo os criterios obxectivos recollidos na presente orde.

3. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

-Presidente: o/a xefe/a de Servicio de Familia, Infancia e Menores.

-Vocais: dous funcionarios da respectiva delegación provincial, designados polo delegado provincial, un deles actuará como secretario. Así mesmo, tamén participará un representante da intervención territorial, que actuará con voz pero sen voto.

4. Procederá o trámite de audiencia nos termos establecidos polo artigo 9.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 9º.-Criterios de avaliación.

A concesión de subvencións resolverase tendo en conta a adecuación ás características e requisitos dos centros de menores expostos no artigo 2º da presente orde.

A comisión de valoración terá en conta os seguintes aspectos:

a) A ocupación media nos centros polas prazas convidas no exercicio económico inmediatamente anterior.

b) Ter subscrito un convenio de colaboración vixente coa Xunta de Galicia para a atención de menores.

c) Tender a unha máxima flexibilización respecto das condicións de admisión e permanencia dos menores nas institucións, para permitir acoller conxuntamente a grupos de irmáns.

d) Integra-los menores no sistema escolar ordinario e procura-la súa participación nas actividades asociativas de tempo libre do seu medio.

e) Ofrecer unha atención especializada en réxime permanente (diúrno e nocturno) durante todo o ano.

f) Cooperar e traballar coas familias dos menores, fomentando as visitas e os contactos familiares.

g) Coordinarse cos diversos estamentos de servicios sociais para facer efectivo un seguimento e apoio postinstitucional que favoreza a integración socio-laboral dos menores acollidos.

Artigo 10º.-Resolución.

1. Dicta-la resolución da concesión das axudas, por proposta da comisión provincial de valoración, correspóndelle á conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado, despois da súa fiscalización pola intervención, de conformidade co establecido no artigo 78.3º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no artigo 2 do Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As solicitudes das axudas resolveranse no prazo de 4 meses contados desde o día seguinte á publicación desta orde. Transcorrido o dito prazo sen recaer resolución expresa, as solicitudes teranse por desestimadas.

3. As resolucións recaídas neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativo.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse o recurso de reposición ante o órgano que dictou o acto no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación da presente resolución. Neste caso no poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.

4. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión delas.

A Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado poderá acorda-la modificación da resolución

por instancia da entidade, debendo cumprirse os seguintes requisitos:

a) Que a actividade ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade do establecido nesta orde.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda.

O acto polo que se acorde a modificación da resolución, ou se é o caso, se denegue, será dictado pola conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado, por proposta da comisión provincial de valoración. Inmediatamente antes de redacta-la proposta de resolución poráselles de manifesto ós interesados que no prazo de dez días, poderán alegar e presenta-los documentos e xustificacións que estimen pertinentes.

5. Cando concorran as circunstancias previstas no punto 2.2.e) do artigo 6º desta orde, a resolución de concesión de subvención entenderase condicionada a que a entidade obteña a autorización administrativa correspondente, da que deberá remitir copia compulsada nos 5 días seguintes á súa obtención. Se non o fixese así dictarase resolución denegatoria por desistimento da solicitude da devandita concesión da subvención.

6. Así mesmo, se a entidade estivese tramitando o permiso de inicio de actividades, a concesión da subvención entenderase condicionada á efectiva obtención deste permiso.

Artigo 11º.-Pagamento e xustificación das axudas.

1. As entidades beneficiarias destas axudas, nos supostos de que a contía sexa igual ou superior a 1.500 A e antes de que se proceda á tramitación da fase de proposta de pagamento, terán que acreditar que se atopan ó día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, agás que a entidade beneficiaria xunte á solicitude a debida autorización, segundo o modelo anexo III, para que a devandita información sexa solicitada polo órgano gestor das axudas.

2. Son medios de xustificación preferentes da actividade subvencionada os establecidos no artigo 15, punto 2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG nº 238, do 11 de decembro), polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

A axuda concedida aboarase unha vez efectuado o gasto. Será necesario presentar na delegación provincial da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado a seguinte documentación:

a) Subvención para adquisición de inmobles:

O aboamento da subvención efectuarase unha vez presentada, ante o órgano que a concedeu, unha copia da escritura pública de compravenda, que recollerá unha cláusula na que se faga constar que o inmoble obxecto da subvención deberá de manterse

polo menos durante vinte anos destinado á finalidade que serviu de fundamento á petición.

b) Axudas para a construcción, reforma e adecuación de centros:

-Certificación asinada e selada pola entidade receptora da axuda, na que se faga consta-la realización das obras e a conformidade con elas.

-Factura orixinal expedida pola empresa ou contratista individual que realizou a obra.

-Nas axudas para a construcción de nova planta presentarase compromiso asinado polo representante legal da entidade beneficiaria de que o inmoble se destinará, durante 20 anos, á finalidade que serviu de fundamento á petición.

c) Axudas para equipamento:

-Certificado do representante da entidade no que conste a realización da subministración e a súa conformidade con ela.

-Facturas orixinais, debidamente conformadas, de cada unha das casas subministradoras.

-Nas axudas para equipamento presentarase compromiso asinado polo representante legal da entidade beneficiaria de que o equipamento se destinará durante cinco anos á finalidade que serviu de fundamento á petición.

Nos dous epígrafes anteriores as facturas deberán cumpri-lo disposto no Real decreto 2402/1985, do 18 de decembro (BOE nº 312, do 30 de decembro), polo que se regula o deber de expedición e entrega de facturas de empresarios e profesionais.

4. A data límite de presentación das xustificacións será o 31 de decembro de 2003.

5. Procederá a comprobación material do investimento nos supostos de axudas superiores a 60.100 A.

Artigo 12º.-Outras obrigas das entidades subvencionadas.

a) Facer constar en todo tipo de publicidade e información a condición de subvencionada pola Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, empregando para isto a normativa da imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

b) Remiti-los informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da consellería.

c) Facilita-la inspección e control dos órganos competentes da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado sobre os seus centros e actividades.

d) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

e) Acreditar ante o órgano concedente a realización da actividade e o cumprimento dos requisitos e das condicións que determine a concesión da axuda ou subvención.

f) No momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as

pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

Artigo 13º.-Revogación.

O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro pola entidade solicitante, xunto cos xuros de demora, segundo o previsto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado polo artigo 6 da Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa e o artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Supostos de reintegro.

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos para á súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a axuda.

d) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da axuda pública.

e) Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da axuda, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión de axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado nos orzamentos desta Comunidade Autónoma para o exercicio económico de 2003 para estes fins.

Segunda.-En todo caso, as actuacións que se van subvencionar deberán realizarse dentro do exercicio económico de 2003.

Terceira.-Os beneficiarios destas axudas están suxeitos ó réxime sancionador previsto para esta materia no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral da Familia para dictar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado