Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 09 de maio de 2003 Páx. 5.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 22 de abril de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso, da asistencia técnica para a redacción do plan estratéxico 2004-2006, do ente público Portos de Galicia.

Advertido erro no texto da dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 81, do 28 de abril de 2003, cómpre efectua-la seguinte corrección:

Na páxina 5.390, no punto 8, letra a), onde di: «Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.», debe dicir: «Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do trixésimo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte».