Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 09 de maio de 2003 Páx. 5.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 94/2003.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 94/2003.

Acta Inf. nº: 1838/2002.

Empresa: Arte y Técnica de la Construcción, Obras y Servicios, S.L.

NIF/DNI: B-15671712.

Enderezo: r/ Agro Magdalena, nº 6, O Milladoiro (Ames).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 3.000 A.

Resumo da acta de infracción:

Visitada a obra de construcción sita en avda. Pontecesures, 14 (Padrón), comprobándose que para a colocación da tella na cuberta os traballadores accedían por unha ventá, subindo por unha estrada cun taboleiro de 20 cm sen ensamblar, existindo un risco de caída desde 10 metros de altura. Así mesmo, requiriuse a empresa para que procedese a instalar un medio de acceso axeitado á cuberta e protexese tódolos ocos da obra que supuxesen un risco de caída de altura.

Vulnéranse os artigos 4.2º d) e 19 do Real decreto lexislativo 1/1995; apdos. 1 e 3 da parte C do anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro e artigo 186 da Orden Ministerial do 28-8-1970.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.16º f) e 39.1º e 3º, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; considerando como criterio graduador da sanción a perigosidade da acti

vidade desenvolvida no centro de traballo e o número de traballadores afectados (6).

Documentos que constan no expediente:

-Actas de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 27 de marzo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña