Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 09 de maio de 2003 Páx. 5.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social 949/2002.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándoo de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolle que de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun (1) mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23-11-2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: 949/2002.

Acta nº: 1741/2002.

Titular: Ferrolace, S.L.

NIF/DNI: B-15782584.

Enderezo: Vía Edison, 19, polg. Tambre (Santiago de Compostela).

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 11-3-2003.

Resolución: sanción por importe de 1.502,54 euros.

Feitos: con data 26-6-2002 visitouse a empresa da referencia, que se adica ó reparto de paquetería. Entregóuselle citación para que presentase documentación laboral e social da empresa. Unha vez presentada compróbase que carece da avaliación de riscos.

Vulnérase o artigo 50.2º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, e 16.1º da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 12.1º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 27 de marzo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña