Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 09 de maio de 2003 Páx. 5.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2003 pola que se sinalan as datas e se citan os interesados para o levantamento das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta necesarios para a execución dos polígonos números 2 e 3 do parque empresarial do concello de Ribadavia.

I. Por Resolución do 31 de marzo de 2003 do director xeral de Urbanismo da Consellería de Polí

tica Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia aprobouse definitivamente o expediente de expropiación forzosa, seguido polo procedemento de taxación conxunta, para a execución dos bens e dereitos necesarios para a execución dos polígonos nº 2 e 3 do parque empresarial de Ribadavia.

II. De conformidad co artigo 144 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, e o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida habilita para proceder á ocupación do predio e producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

III. Procede en consecuencia fixa-las datas en que se procederá ó levantamento das correspondentes actas de pagamento e ocupación de conformidade cos artigos 49 e 55 do regulamento da Lei de expropiación forzosa.

IV. Para os ditos actos deberá terse en conta:

1. Que o pagamento do prezo xusto só se fará efectivo, consignándose en caso contrario, ós interesados que acrediten en legal forma a súa titularidade, e para tal efecto o interesado achegará certificación rexistral ó seu favor, na que conste que se estendeu a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario, ou, no seu defecto, os títulos xustificativos do seu dereito completados con certificación negativa do Rexistro da Propiedade referida ó mesmo predio descrito nos títulos, conforme o artigo 205 do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo R.D. 3288/1978, do 25 de agosto. Se existiran cargas deberán comparece-los seus titulares.

2. Que se o expropiado non quixese acepta-lo prezo xusto ou non achegase títulos suficientes xustificativos do dominio ou existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, se concorrese algún dos supostos do artigo 51 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, a Administración consignará o importe do mesmo na Caixa Xeral de Depósitos (artigo 206.1º do Regulamento de xestión urbanística).

V. De conformidade co artigo 55.1º do regulamento da Lei de expropiación forzosa estenderase acta de ocupación do ben ou dereito expropiado a continuación da de pagamento. Nos casos nos que sexa necesario proceder á consignación dos prezos xustos, unha vez consignados na Caixa Xeral de Depósitos, o levantamento das actas de ocupación terá lugar o vindeiro día 6 de xuño de 2003 ás 10 horas no salón de actos do Concello de Ribadavia. Para proceder ó levantamento destas actas deberán asisti-los titulares persoalmente, ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuaren no seu

nome con poder suficiente, do que achegarán copia, provistos dos seus documentos orixinais acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, o último recibo do imposto sobre bens inmobles, podendo asistir acompañado pola súa conta, se o coida oportuno, dos seus peritos ou un notario.

VI. En consecuencia, convócanse e cítanse os titulares dos bens e dereitos afectados polo presente expediente para proceder ó levantamento das actas de pagamento que se efectuará o día 22 de maio de 2003 ás 10 horas no salón de actos do Concello de Ribadavia, en presencia do alcalde, do secretario do concello e do representante da Administración. Isto terá lugar en cumprimento do disposto no artigo 144.2º e 3º da Lei 9/2002, do 18 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural, no artigo 202 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, e no artigo 48 e seguintes do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957. De conformidad co artigo 55.1º do regulamento da Lei de expropiación forzosa estenderase acta de ocupación do ben ou dereito expropiado a continuación da de pagamento. Nos casos nos que sexa necesario proceder á consignación dos prezos xustos, unha vez consignados na Caixa Xeral de

Depósitos, o levantamento das actas de ocupación terá lugar o vindeiro día 6 de xuño de 2003 ás 10 horas no salón de actos do Concello de Ribadavia.

Relación de propietarios afectados pola

expropiación do polígono de actuación nº 2

e nº 3 do parque empresarial de Ribadavia

predio

Titulares

Superficie

Bens

Prezo

xusto

126Descoñecido4883.217,87

133Regueiro González, Hortensia4593.026,65

142Fernández Deaño, Joaquín1.523985 cepas15.843,70

143Herdeiros de Francisco Rivera Sindín4593.026,65

144Rivas Guntín, Julio e Rivas Guntín, Emilio6124.035,53

146Pérez Fernández, Daniel8905.868,66

148Feijoo González, Manuela2331.536,40

151Regueiro Gómez, Manuel295200 cepas3.092,54

152Regueiro Gómez, Manuel813500 cepas8.622,02

157Descoñecido2431.602,34

158García Pérez, Josefa e Rodríguez Meiriño, Luis4412.907,95

160Vázquez Rodríguez, José3292.169,43

165Descoñecido3202.110,08

170Herdeiros de Camilo Carreiro Alejos1.3249.151,16

172Rodríguez Vázquez, Isabel950œ pozo6.474,66

176Herdeiros de Camilo Carreiro Alejos3702.439,78

177Rodríguez Terzano, Amelia4132.723,32

178Fernández Rivera, Isaura e irmáns1.1568.509,13

180Herdeiros de Camilo Carreiro Alejos7124.694,93

182-APérez Fernández, Daniel98646,21

183-AFernández Abraldes, Santiago1901.252,86

188Pérez Fernández, Daniel49940 postes

332 cepas

5.050,33

predio

Titulares

Superficie

Bens

Prezo

xusto

188-AFernández Abraldes, Santiago2401.582,56

192Herdeiros de Camilo Carreiro Alejos3252.568,13

194-AVázquez Acuña, Sixto e irmáns1751.153,95

196Rivera Sindín, Petronina1.3071 pozo

30 postes

535 cepas

11.770,07

197Cesárea Pérez, Vázquez5003.297

201Fernández Abraldes, Santiago1.098100 postes

1/3 de pozo

225 cepas

9.248,39

203-APérez Vázquez, Teresa e irmá135890,19

204Pérez Vázquez, Teresa e irmá3462.281,52

211Pérez Fernández, Violeta5104.599,16

219Amil Mosquera, Amelia632œ pozo

400 cepas

6.551,40

220Iglesias Blanco, Perfectino6106.782,67

239González Fernández, José Benito4783.151,93

241-BGarcía Gómez, Francisco Javier e irmás3782.492,53

246Descoñecido5453.593,73

249González Fernández, José Benito3512.314,49

254González Fernández, Argentino5233.448,66

900Descoñecido3202.110,08

VII. Notifíqueselle-la resolución a tódolos titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente e publíquese este acordo no DOG, no BOP e no taboleiro de edictos do concello. A publicación desta resolución servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou a aqueles ós que, tentada a notificación, non se lles puidera realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2003.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo