Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 09 de maio de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia

(948/2002). Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 948/2002 por instancia de Iain Michael Tozer contra la empresa W.S.I. Coruña Dos, S.L. sobre invalidez nos que recaeu sentencia con data do 31-3-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Iain Michael Tozer contra a empresa W.S.I. Coruña Dos, S.L. e a empresa W.S.I. Coruña, S.L. debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante na data 16-11-2002 condenando a demandada a que no prazo de cinco días contadas desde a notificación desta resolución opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou

o aboamento da cantidade de 17.009,98 euros en concepto de indemnización e ata a notificación desta resolución no caso de que opte pola readmisión.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositada na conta aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. y Banco de Vitoria, S.A.), co número 5.605 0000 60 0948 02, a cantidade obxecto de condena, poderá substituirse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 na mesma conta 5.605 0000 65 0948 02 e entrega-lo xustificante na secretaría ó tempo

de interpoñelo recurso, que se declarará desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada.

Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa W.S.I. Coruña, S.L. e W.S.I. Coruña Dos, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 31 de marzo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado