Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 09 de maio de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

(859/2002). 5.897

CÉDULA de notificación de sentencia

(865/2002). Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 865/2002, seguidos por instancia de Gonzalo Docampo Núñez contra Asociación Transtorno Límite Personalidad Asgai sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 3 de abril

de 2003, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Gonzalo Docampo Núñez, contra a empresa Asociación Trastorno Límite Personalidad Asgai, condeno a esta a aboarlle a cantidade de 4.030 euros que lle debe en concepto de salarios.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 865-2002 de Banesto desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social Número Tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito; sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Asgai, expido e asino a presente cédula na Coruña o 8 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado