Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 09 de maio de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia

(859/2002). Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 859/2002, seguidos por instancia de Rodolfo Jesús de la Barrera Martínez contra a empresa ICOM Galicia, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 3 de abril de 2003, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Rodolfo Jesús de la Barrera Martínez, contra a empresa ICOM Galicia, S.L. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 3.014,19 euros que lle debe en concepto de salarios.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 859-2002 de Banesto desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social Número Tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito; sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa ICOM Galicia, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña o 7 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado