Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 09 de maio de 2003 Páx. 5.863

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002, pola que se ordena a publicación do acordo adoptado na sesión do día 6 de maio de 2003, relativo á anulación de preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición en acceso libre e promoción interna.

En sesión do día 6 de maio de 2003 do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso o corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), convocado pola Orde do 10 de outubro de 2002, acordouse:

Anula-la pregunta número 51 (acceso libre) e a pregunta número 49 (promoción interna) dos cuestionarios do exame obxecto do primeiro exercicio da fase de oposición con base nas reclamacións presentadas polos aspirantes.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2003.

Álvaro M. Rodríguez Carballo

Presidente do tribunal