Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 09 de maio de 2003 Páx. 5.862

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala de xestión de sistemas informáticos convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 20 de decembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 250, do 27 de decembro) pola que se fixa a data, a hora e o lugar da realización do primeiro exercicio do devandito proceso.

Convocado proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala de xestión de sistemas informáticos, mediante a orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 20 de decembro de 2002 (DOG nº 250, do 27 de decembro), de conformidade coa base III.10 da convocatoria, correspóndelle ó tribunal fixa-lo lugar, a data e a hora de celebración do primeiro exercicio da fase de oposición.

O tribunal, en sesión celebrada o día 27 de abril de 2003,

ACORDOU:

1. Realiza-lo primeiro exercicio da fase de oposición o día 31 de maio de 2003, sábado, en chamamento único ás 10 horas na facultade de Económicas, sita na avda. Xoán XXIII, s/n en Santiago de Compostela (A Coruña).

2. Tódolos aspirantes deberán comparecer no lugar indicado provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar, de conformidade co establecido na base II.2.2 da convocatoria.

3. As listas dos opositores admitidos para a realización deste primeiro exercicio estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública en San Caetano, Santiago de Compostela, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia en Ferrol, Vilalba, O Barco de Valdeorras, Lalín e Vigo.

4. Para efectos de aclaración dalgún punto dos incluídos nesta resolución, así como de información en xeral, poderase acudir ó teléfono de atención ó cidadán 902 12 00 12 e á páxina web da Xunta de Galicia: http://www.xunta.es.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2003.

Enrique Paseiro Pardal

Presidente do tribunal