Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 14 de abril de 2003, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da travesía Rosalía de Castro e rúa de nova apertura, redactado polo arquitecto Walter Patachiuta Ferrín e promovido por Penide Campos, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 110.4º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia o dito proxecto de urbanización estará exposto ó público nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo de vinte días a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 24 de abril de 2003.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde