Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

En sesión plenaria celebrada o pasado 8 de abril de 2003, aprobouse inicialmente o VI proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Vila de Cruces, o que se publica polo prazo dun mes, contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia,

segundo o establecido no artigo 85.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, durante o cal se poderá examinar e formula-las alegacións e observacións que se estimen convintes.

Vila de Cruces, 9 de abril de 2003.

Jesús Otero Varela

Alcalde-presidente