Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobados polo alcalde deste concello o proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas que rexerán no concurso por procedemento aberto (tramitación urxente) da obra que no punto 2 se indica, exponse ó público polo prazo dos oito primeiros días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Simultaneamente, anúnciase a licitación para a presentación de propostas, pudendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Alcaldía. Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto, prezo e prazo do contrato. Edificio de usos múltiples en Goián cun orzamento de licitación de 172.270,28 euros (non se admiten baixas) e un prazo de execución dun mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Garantías. Provisional: non se esixe. Definitiva: 6.890,81 euros.

5. Obtención da documentación e información: secretaría do concello; praza de Calvo Sotelo, 136740 Tomiño; teléfono 986 62 20 01/fax 986 62 25 30, ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: C-4, 5, 6, 7, 8, 9-c e os criterios especificados no prego.

7. Presentación das ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (DOG). Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das 9 ás 14 horas (luns a venres) e das 11 ás 13 horas os sábados.

8. Apertura de ofertas. Pola mesa de contratación e de conformidade co establecido no prego.

9. Gastos dos anuncios. Por conta do adxudicatario.

Tomiño, 30 de abril de 2003.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde