Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 15 de novembro de 2002, acordou a aprobación definitiva do Plan parcial do SAUR-2, As Galanas, o que se fai público en virtude do establecido no artigo 48 da Lei 1/1997.

Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro de 1999. Se se opta pola interposición do recurso de reposición, deberá ser resolto e notificado polo concello no prazo dun mes, segundo o establecido no artigo 117.2º da citada lei. Transcorrido un mes desde a interposición do recurso de reposición sen que recaese resolución en prazo, entenderase desestimado e poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, ou ben directamente contra este acordo, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG, de conformidade co disposto nos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da jurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste acordo.

Teo, 30 de marzo de 2003.

Armando Blanco Martínez

Alcalde