Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a subministración, instalación, configuración e posta en marcha dun sistema automático de control de presencia para distintas dependencias do Concello de Santiago de Compostela.

Tipo de licitación: 34.500 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: as prestacións que son obxecto deste contrato iniciaranse a partir da data de formalización do mesmo e da recepción da información necesaria para o comezo dos traballos, segundo o calendario proposto. O prazo de execución será como máximo de 3 meses.

O material contratado subministrarase no termo máximo de 3 semanas, contado, igualmente, desde a data de formalización do contrato.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os lictiadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de quince días naturais, contado desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que correspondan facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación e información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Tfno.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 14 do prego de condicións económico-administrativas.

Garantía provisional: 2% do tipo de licitación: 690 euros.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil seguinte, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde