Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de software básico para o sistema de información territorial da provincia da Coruña (SITPAC) con destino ó Servicio de Asistencia a Municipios, proxecto 2000P0008. (Expediente ref. 03/2554 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de software básico para o sistema de información territorial da provincia da Coruña (SITPAC) con destino ó Servicio de Asistencia a Municipios, proxecto 2000P0008.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 38.330,54 euros, desagregado en dous lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 28 de abril de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña