Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual número 4 ó Plan Xeral de Ordenación Municipal para a recualificación e reclasificación urbanística de dúas parcelas situadas no Penedo e no Castro.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 25 de abril de 2003, aprobou definitivamente a modi

ficación puntual nº 4 ó Plan Xeral de Ordenación Municipal para a recualificación e reclasificación urbanística de dúas parcelas situadas no Penedo e no Castro, redactado polo arquitecto Fernando Casqueiro Barreiro, con data setembro de 2002, e tramitado a instancia de Forestal del Atlántico, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publícase o presente anuncio e remitirase á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda copia autenticada do expediente e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Mugardos, 28 de abril de 2003.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde