Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 7 de abril de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica ó interesado a resolución do delegado provincial na que se acorda o nomeamento de novo instructor do expediente sancionador ES-P-029/02.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último enderezo coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado, por comparecencia na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, a Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situada na (r/ Alcalde Hevia, 7, 36071 Pontevedra), nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 7 de abril de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-91/504 (expte. sancionador

ES-P-029/02).

Cta.: 86.

Interesado: José Manuel de Castro Pena.

Último enderezo coñecido: Polígono de Torneiros, fase IV, núm. 26, 2º esq. no Porriño, Pontevedra.