Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 7 de abril de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do seu respectivo contrato de compravenda ó debedor en réxime da compravenda, Elvira García Mouco, P-036/02, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e tendo en conta o disposto no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, intentada a notificación persoal, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle ó interesado cos datos e último enderezo coñecido (identificado por núm. de expediente e conta) que a continuación se relaciona, a proposta de resolución do seu contrato de compravenda, por falta de pagamento do prezo da vivenda de promoción pública, lle fora adxudicada.

Tal feito constitúe causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

Tendo en conta o disposto nos artigos 30 do Decreto 2114/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial, 138 a 144 do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial, e 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, no artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial e no artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e demais normas de xeral e pertinente aplicación,

PROPONSE:

A resolución de pleno dereito do contrato de compravenda da vivenda de promoción pública, que se relaciona no anexo e o lanzamento do seu ocupante.

Fronte a esta proposta, que non é susceptible de recurso, os interesados poderán presentar alegacións e os documentos que coiden convenientes, nun prazo de quince días, que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta cédula.

Pontevedra, 7 de abril de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-81/010 (expte. desaf. P-036/02).

Cta.: 68.

Nome: Elvira García Mouco.

Último enderezo coñecido: r/ Luxemburgo, núm. 8, blq. B-2, 1º D en Monteporreiro, Pontevedra.