Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 22 de abril de 2003 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, da contratación para a adquisición de 200 ordenadores persoais con destino ó Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, delegacións territoriais, distintas dependencias da Consellería de Economía e Facenda e oficinas liquidadoras de distrito hipotecario. (Expediente 8/2003).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 84, do venres 2 de maio de 2003, é

necesario face-la seguinte corrección:

Na páxina 5.569, no punto 8, letra b), no enunciado onde di: «Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo quinto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «Data límite de presentación: 14 horas do día 2 de xuño de 2003».