Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (4474/2002).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria con data 10 de abril de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do espacio público na UE-4 da zona 12 do PERI do núcleo histórico de Ourense, por instancia de Juan Carlos Cabanelas Rodríguez, como xerente de Xestur Ourense, S.A., coas condicións sinaladas nos informes dos servicios de enxeñería de data 25 de febreiro de 2003, xa aceptadas polo solicitante en escrito de data 28 de marzo de 2003, do servicio eléctrico de data 22 de novembro de 2002 e da enxeñeira municipal da Concellería de Medio Ambiente do 13 de marzo de 2003 así como do dictame da Comisión Técnica Municipal de Protección de Bens Culturais o 11 de febreiro de 2003, dos que se dará traslado os solictantes e logo de constitución de garantía na cantidade de 625.699 euros, (seiscentos vintecinco mil seiscentos noventa e nove euros), o equivalente ó orzamento de execución, para responder da execución, mantemento e conservación de urbanización ata a recepción das obras polo concello.

2. Somete-lo dito expediente a información pública polo prazo dun mes, anunciando esta no BOP, no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia para o seu exame e presentación das alegacións que procedan.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 22 de abril de 2003.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde