Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se someten a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do pase a concesión de explotación derivada de permiso de investigación Hilda 5883, da provincia de Lugo, e promovida por Pizarras Vega, S.L.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude:

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación desta resolución, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do pase a concesión de explotación derivada de permiso de investigación Hilda 5883, localizada en terreos dos concellos de Mondoñedo e Lourenzá, provincia de Lugo, e solicitado por Pizarras Vega, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio correspondente, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas