Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/215-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos artigos 125 e 144 do R.D. 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Desarrollo Energético de A Lama, S.L.

Domicilio social: Cantón Grande, nº 6-6º A, 15003 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV sub. Verdugo-apoio 53 L.A.T. sub. Ponte Caldelas-C.I.

Situación: concello da Lama.

Descricións técnicas: L.A.T. aérea a 66 kV, con conductor LA-110, de 3.873 m de lonxitude, sobre apoios de aceiro e formigón, desde a subestación bacía do Verdugo ata o apoio 53 da L.A.T. subestación Ponte Caldelas ó centro de interconexión de Racelo. A traza da liña está situada na súa totalidade no termo municipal da Lama.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto no artigo 161 do R.D. 1955/2000.

Pontevedra, 21 de abril de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO