Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2003, da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte, pola que se lle dá publicidade á do 9 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do Centro de Transportes e Terminal Intermodal de San Cibrao das Viñas (Ourense).

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro) de avaliación de impacto ambiental para Galicia, acór

dase darlle publicidade, mediante esta publicación, á Resolución do 9 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do Centro de Transportes e Terminal Intermodal de San Cibrao das Viñas (Ourense), promovida pola Dirección Xeral de Transportes coa colaboración do Instituto Galego de Vivenda e Solo e de Xestión Urbanística de Ourense, S.A.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, ó proxecto desenvolvido no documento titulado proxecto sectorial do centro de transporte e terminal intermodal de San Cibrao das Viñas (Ourense), localizado no concello de San Cibrao das Viñas, na zona definida polos planos titulados «Localización» e «Planta xeral», incluídos no proxecto; o ámbito da declaración de impacto ambiental comprenderá tanto a fase de obras como a fase de explotación do centro.

A declaración de impacto ambiental referida consta integramente incorporada ó expediente do proxecto sectorial do citado Centro de Transportes e Terminal Intermodal de San Cibrao das Viñas (Ourense), e encóntrase nas dependencias da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nas que poderá ser consultada por calquera interesado.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2003.

Javier de Bidegain García

Subdirector xeral de Ordenación do Transporte