Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

(640/2002). 5.810

CÉDULA de notificación de sentencia

(672/2002). Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 672/2002 por instancia de Iván Bello Cambón contra Cegape, S.L., sobre cantidade nos que recaeu sentencia con data do 27-3-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Iván Bello Cambón contra Cegape, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que aboe á demandante a cantidade de 1.153,62 euros por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante desde xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta, aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. y Banco de Vitoria, S.A.), co número 5605 0000 60 0672 02, a cantidade obxecto de condena, poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5605 0000 60 0672 02 e entrega-lo xustificante na secretaría ó

tempo de interpoñe-lo recurso, que se declarará desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Cegape, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 27 de marzo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA