Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia

(640/2002). Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, da fe e certifica

que neste xulgado se seguen autos número 640/2002 por instancia de María Nélida Alonso Álvarez contra Carlos Núñez, S.L. sobre cantidade nos que recaeu sentencia con data do 27-3-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por María Nélida Alonso Álvarez contra Carlos Núñez, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que aboe á demandante a cantidade de 3.985,84 euros por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acrditativo de ter depositado na conta, aberto en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. y Banco de Vitoria, S.A.), co número 5605 0000 60 0640 02, a cantidade obxecto de condena, poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignarse, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5605 0000 65 0640 02 e entrega-lo xustificante na secretaría ó

tempo de interpoñelo recurso, que se delcarará desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mandoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva da notificación á empresa Carlos Núñez, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 27 de marzo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado