Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 8 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/361).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Narahío, S.L.

Domicilio social: Vista Alegre, Doso, 15577 Narón (A Coruña).

Denominación: centro de interconexión e distribución Vila de Anca.

Situación: Neda.

Descricións técnicas: centro de interconexión, de protección e manobra que se instala nas inmediacións da L.M.T. Vilallonte de Unión Fenosa Distribución, S.A., no lugar de Anca no concello de Neda, de onde parte a liña de distribución de Electra de Narahío a 15/20 kV. Concello de Neda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña