Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, para a contratación do abastecemento e saneamento en Laza (Ourense) (investimento financiado con fondos FCA, Feder e FCI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH532410.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: abastecemento e saneamento en Laza (Ourense).

b) División por lotes e número: non hai división.

c) Lugar de execución: Laza (Ourense).

d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): once (11).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: trescentos oitenta mil catrocentos corenta euros con sesenta e seis céntimos (380.440,66 A).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 49 95.

e) Telefax: 981 54 19 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia económica e financeira acreditarase polos medios establecidos no artigo 16.1º, letra a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño); a solvencia téc

nica e profesional acreditarase polos medios establecidos no artigo 17, letras a), b) e d), da mesma lei.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ó órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ó concurso.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

b) Enderezo: rúa Doutor Maceira nº 18-baixo (Conxo).

c) Localidade: 15706 Santiago de Compostela

(A Coruña).

d) Data: 2 de xuño de 2003.

e) Hora: 10.30 horas.

10. Outras informacións.

Garantía definitiva: quince mil douscentos dezasete euros con sesenta e tres céntimos (15.217,63 A).

Apertura do sobre A: terá lugar o acto público de apertura do sobre A (documentación persoal) o día 26 de maio de 2003, ás 10.30 horas, na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2003.

P.D. (Resolución 9-4-2003)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia