Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación do artigo 1.4º dos estatutos da Asociación Galega de Productoras Independientes.

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 27 de marzo de 2003, a certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Álex Castro Rey, na que se reflicte o acordo da xunta directiva do 3 de maio de 2002, consistente na modificación do artigo 1.4º dos estatutos, relativo ó cambio de domicilio social da mencionada asociación, que queda fixado na rúa Mónaco, nº 7-baixo, 15707 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais