Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, para a contratación da ampliación da rede de saneamento no Grove (Pontevedra), zonas Reboredo 1 e 2 e Cámping Area Grande (investimento financiado con fondos FCA, Feder e FCI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH336462.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: ampliación da rede de saneamento no Grove (Pontevedra), zonas Reboredo 1 e 2 e Cámping Area Grande.

b) División por lotes e número: non hai división.

c) Lugar de execución: O Grove (Pontevedra), zonas Reboredo 1 e 2 e Cámping Area Grande.

d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): vintecatro (24).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: trescentos once mil cincocentos setenta e un euros con noventa e seis céntimos (311.571,96 A).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 49 95.

e) Telefax: 981 54 19 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia económica e financeira acreditarase polos medios establecidos no artigo 16.1º, letra a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño); a solvencia téc

nica e profesional acreditarase polos medios establecidos no artigo 17, letras a), b) e d) da mesma lei.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ó órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ó concurso.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

b) Enderezo: rúa Doutor Maceiras nº 18-baixo (Conxo).

c) Localidade: 15706 Santiago de Compostela

(A Coruña).

d) Data: 2 de xuño de 2003.

e) Hora: 10.15 horas.

10. Outras informacións.

Garantía definitiva: doce mil catrocentos sesenta e dous euros con oitenta e oito céntimos (12.462,88 A).

Apertura do sobre A: terá lugar o acto público de apertura do sobre A (documentación persoal) o día 26 de maio de 2003, ás 10.15 horas, na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2003.

P.D. (Resolución 9-4-2003)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia