Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación da subestación de Santa Mariña 132/15. Ampliación parque de 132 kV no termo municipal de Ferrol (A Coruña). (Expediente 18352. Ampliación 2002).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para efectos de notificación en Avda. de Arteixo 171, 15707 A Coruña, resultan os seguintes antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data 27 de xuño de 2002 a citada empresa solicita a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 122 e 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Ampliación subestación de Sta. Mariña 132/15 kV, no concello de Ferrol, consistente en:

-Substitución das actuais barras por un novo embarrado de tubo de aluminio 120/104 mm.

-Nova posición de liña 132 kV, denominada parque eólico de Lagoa, integrado por:

-Interruptor automático en SF6 para 145 kV e 2.500 A. Dous seccionadores tripolares rotativos para 145 kV e 2.000 A, un sen coitelas de P.A.T. e outro con coitelas de P.A.T. Tres transformadores de intensidade e catro transformadores de tensión. Tres autoválvulas. Equipo de protección e medida.

Segundo.-A delegación provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións a trámite de información pública mediante Resolución do 28 de outubro de 2002, publicada no DOG de 26-11-2002, no BOP da Coruña de 21-11-2002, e na delegación provincial da Coruña.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola delegación provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas.

RESOLVE:

1. Autoriza-la ampliación da subestación de Santa Mariña 132/15. Ampliación parque de 132 kV no termo municipal de Ferrol (A Coruña).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas