Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/38-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, Velle 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Trebolle.

Situación: polígono Seixalbo-Ourense.

Características técnicas: liña a 20 kV subterránea de 10 m, desde a L.M.T. ó C.T. Benposta ata o C.T. Trebolle proxectado en caseta con 250 kVA R/T 20.000/380-220 V (substitúe o C.T. Trebolle existente no expediente 1.218-A.T. preto do C.T. implanor), desde o novo C.T. Trebolle constrúese unha L.M.T. subterránea de 120 m ata o C.T. implanor no polígono Seixalbo. Rede de B.T. subterránea derivada do C.T. Trebolle.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 14 de marzo de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense