Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/35-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., R.B.T., Rairiz de Veiga.

Situación: Rairiz de Veiga.

Características técnicas: liña aérea a 20 kV de 549 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 23 da L.M.T. ó C.T. Santa Baia e remata no C.T. existente en caseta con 160 kVA en Rairiz de Veiga. Redes de baixa tensión derivadas do C.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 12 de marzo de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense