Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/33-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., Santo Estevo.

Situación: Nogueira de Ramuín.

Características técnicas: modificación da L.M.T. existente ó C.T. Santo Estevo, desde a súa orixe no apoio nº 144 da L.M.T. Luíntra-Casa do Vento ata o seu apoio nº 8, de 427 m de lonxitude, en conductor LA-56 forrado sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 12 de marzo de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense