Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.748

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (78/2001).

Concepción Albes Blanco, secretaria da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, sede Vigo, certifico que no rolo de apelación civil nº 78/2001, dimanante dos autos arriba referenciados,

recaeu sentencia con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, constituída polos maxistrados Juan Manuel Lojo Aller, presidente, José Ferrer González e Inmaculada de Martín Velázquez, pronunciaron en nome de El-Rei a seguinte sentencia nº 8/2003.

En Vigo (Pontevedra), nove de xaneiro de dous mil tres.

Visto en grao de apelación ante esta sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, os autos de menor contía 64/2000, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número seis de Vigo, ós que correspondeu o rolo 78/2001, nos que aparece como parte apelante-demandante José David González Arroyo representado pola procuradora Rosario Díaz Moure e asistido pola letrada Gloria Piñeiro Rodríguez e como apelados-demandados María Concepción González Ríos, María Luisa González Ríos, María Julia González Ríos, Luis Miguel González Ríos, representado pola procuradora Rosa de Lis Fernández e asistido do letrado Pablo Ocampo Martínez e herdeiros descoñecidos e incertos de Luis González Pérez, en situación procesual de rebeldía sobre accións de danos e perdas do artigo 1.101º do Código Civil, e sendo maxistrado relator Inmaculada de Martín Velázquez, quen expresa o parecer da sala.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decidimos que desestimando o recurso de apelación formulado pola procuradora Sra. Díaz Moure en nome e representación de José David González Arroyo contra a Sentencia do 3 de novembro de 2000 dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número seis dos de Vigo no xuízo de menor contía nº 64/2000 (rolo de apelación 78/2001) debemos confirmar e confirmamo-la dita resolución e impomo-las custas desta segunda instancia á parte apelante.

Notifíquese esta sentencia ás partes na forma establecida no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Con testemuño desta resolución, devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia quen xustificará recepción.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para a súa inserción no DOG e para que sirva de notificación dos herdeiros descoñecidos e incertos de Luis González Pérez expido e asino este edicto en Vigo o vinteún de febreiro de dous mil tres.

Rubricado