Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.747

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 21 de abril de 2003 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais da Consellería de Sanidade.

Convocada, pola Orde do 21 de xaneiro de 2003 (DOG nº 24, do 4 de febreiro), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais da Consellería de

Sanidade, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais da Consellería de Sanidade, anunciada pola Orde do 21 de xaneiro de 2003 (DOG nº 24, do 4 de febreiro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2003.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: García Fernández, María Elvira.

N.R.P.: 3496072857 A1146.

Grupo: D.

Nivel C.D.: 18.

Posto de traballo: secretaria do director xeral de Saúde Pública.

Dependencia: Dirección Xeral de Saúde Pública.

Localidade: Santiago de Compostela.