Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.747

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a data do sorteo para determina-la composición dos tribunais que deberán xulga-los procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas.

A base común 5, punto 3 da Orde do 28 de febreiro de 2003 pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas, establece que os tribunais que xulguen os procedementos de selección estarán constituídos por catro vocais designados por sorteo entre funcionarios do corpo e especialidade correspondente. Así mesmo, determínase que, no suposto de que non sexa posible designar tódolos vocais nas condicións anteriormente sinaladas, poderán designarse profesores doutros corpos, de igual ou superior grupo, ou doutras especialidades.

Resulta necesario facer pública a data e a hora en que terá lugar o sorteo público.

Esta dirección xeral

RESOLVE:

O sorteo para determina-los catro vocais e, se é o caso, os suplentes correspondentes que xulgarán

os procedementos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas, terá lugar entre funcionarios de carreira do corpo e especialidade correspondente, en servicio activo en centros dependentes desta consellería o próximo día 8 de maio de 2003, ás 9 horas na sala de xuntas desta consellería, sita en San Caetano, s/n-Santiago de Compostela.

Naquelas especialidades en que non haxa, alomenos, seis funcionarios de carreira en activo, os tribunais serán designados directamente pola Dirección Xeral de Persoal.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal