Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.729

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre.

Visto o expediente do convenio colectivo da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre (código convenio 1503982), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-2-2003, subscrito en representación da parte económica pola confraría de pescadores, e da parte social polo delegado de persoal o día 13-2-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de febreiro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

I Convenio colectivo da Confraría

de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre

Do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2003

Capítulo I

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

As normas deste convenio laboral serán de aplicación dentro da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre (Fene).

Artigo 2º.-Ámbito funcional e persoal.

Este convenio afectará a totalidade dos traballadores/as da empresa indicada no artigo anterior.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2003, con independencia da data de publicación

no diario oficial correspondente, mantendo a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2003 e quedando prorrogado ata a súa substitución por outro convenio de igual ámbito e eficacia.

Artigo 4º.-Denuncia.

A denuncia deste convenio entenderase automática ó momento do seu vencemento, neste caso o día 31 de decembro de 2003; non obstante, a comisión negociadora do convenio constituirase 90 días antes do vencemento do convenio.

Artigo 5º.-Composición da comisión negociadora.

A mesa negociadora estará formada gardando unha paridade de 1:1 entre empresa e traballadores/as. Os/as traballadores/as estarán representados/as por:

a) O representante legal dos/as traballadores/as ó abeiro do Estatuto dos traballadores (delegado/a sindical).

b) Aquelas persoas en calidade de asesores/as que determine o/a delegado/a de persoal.

A empresa estará representada por:

a) A persoa que desempeñe a representación legal da confraría (patrón/a maior).

b) O representante da empresa que esta designe, para efectos de asesor.

Na mesa negociadora estará presente o/a secretario/a co obxecto de levanta-las actas, con voz pero sen voto.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 6º.-Concepto xeral.

A organización do traballo, con suxeición a este convenio laboral e á lexislación vixente, será potestade e facultade da dirección da empresa.

O representante ou representantes dos/as traballadores/as terá/n funcións de información, orientación e proposta no relacionado coa organización e racionalización do traballo de conformidade ao establecido no Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente.

Capítulo III

Clasificación do persoal

Artigo 7º.-Clasificación funcional.

a) Secretario/a.

b) Auxiliar administrativo/a.

c) Poxador/a.

d) Patrón/a da embarcación de vixilancia.

e) Garda pesca marítimo.

f) Biólogo/a (asistencia técnica).

Artigo 8º.-Funcións dos/as traballadores/as.

As funcións e os labores dos/as traballadores/as serán aqueles que neste convenio así queden establecidos; non poderán incorre-las funcións dos/as traballadores/as en faltas tipificadas nunha lei ou norma de maior rango a este convenio, nin en delictos tipificados na lexislación española.

Capítulo IV

Funcións de cada posto de traballo

Artigo 9º.-Determinación das funcións laborais.

Nos seguintes parágrafos indícanse as funcións de cada traballador/a dentro do seu posto de traballo.

1. Secretario/a.

O/a secretario/a terá as funcións que lle atribúe o estatuto da confraría; terá, así mesmo, as funcións de tramitar, solicitar, expedir e, en definitiva, aquelas que polo seu posto de traballo precisen da súa sinatura, comparecencia ou trámite, como responsable administrativo/a.

2. O/a auxiliar administrativo/a.

O auxiliar administrativo/a será o/a encargado/a de realizar todo tipo de trámites administrativos, ademais daqueles que lle sexan encomendados polo/a secretario/a como responsable administrativo/a.

3. Poxador/a.

O/a poxador/a será o/a encargado/a de realiza-las funcións propias da lonxa (venda, expedición de guías de transporte), achega-los datos necesarios para a elaboración de albarás, con independencia dos trámites administrativos. Manter en perfectas condicións de limpeza e hixiene o recinto da lonxa da confraría.

4. O/a patrón/a da embarcación de vixilancia.

O patrón/a da embarcación de vixilancia será o/a encargado/a da manipulación das embarcacións de vixilancia; así mesmo, deberá procura-lo bo mantemento delas, informando inmediatamente a empresa por escrito das necesidades tanto administrativas (rol, seguros, revisións, etc.), como mecánicas da embarcación -a dita información figurará no parte de incidencias que entregará diariamente na confraría para o seu posterior arquivo- e fará labores de vixilancia cando lle sexa encomendado pola dirección da confraría.

5. Garda pesca marítimo.

Os/as garda pesca marítimo serán os/as encargados/as de realiza-las funcións de vixilancia das autorizacións administrativas que lles sexan encomendadas pola empresa; deberán, ademais, levar un control sobre certas accións como son a venda das capturas, os tamaños, os topes e, en definitiva, daquelas que lles sexan precisas para o bo desenvolvemento do seu labor. Deberá, así mesmo, emitir un parte de incidencias que será entregado diariamente na confraría para o seu arquivo, ademais de facilitarlle á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos aquela

información que lle sexa solicitada co obxecto de lle dar cumprimento á lexislación autonómica sobre pesca. Realizará as funcións de patrón sempre que sexa requirido pola empresa e se atope habilitado para exercer.

6. O/a biólogo/a.

O/a biólogo/a terá como funcións as que se atopan recollidas no convenio da confraría coa Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Capítulo V

Lugar de traballo e os seus posibles cambios

Artigo 10º.-Lugar de traballo.

O lugar de traballo virá determinado polas funcións indicadas no artigo anterior, polo que se deduce que o lugar habitual de traballo dos gardas de pesca marítima será nas autorizacións administrativas e zonas de libre marisqueo da ría de Ferrol. Ó igual que o/a patrón/a da embarcación de vixilancia, do mesmo xeito o/a biólogo/a terá o seu lugar de traballo nas ditas autorizacións administrativas e de libre marisqueo. Estes/as traballadores/as tamén teñen que realizar no seu traballo unha parte administrativa, entendéndose que esta será realizada na sede da confraría; o/a poxador/a terá como lugar de traballo a sede da empresa, e o/a auxiliar administrativo/a e o/a secretario/a terán como lugar de traballo a sede da empresa con independencia de que se teñan que ausentar dela co obxecto de realiza-las xestións ou trámites que precisen para a realización do seu traballo.

Artigo 11º.-Cambios do lugar de traballo.

Con independencia do enunciado no artigo anterior, entenderase por cambio do lugar de traballo o cambio que afecte substancialmente a localización do desempeño do traballo do/a traballador/a, polo que nesta situación tan só se atopan os gardas de pesca marítima e o patrón da embarcación de vixilancia, que por razón das súas funcións poderán realiza-las súas funcións habituais en diferentes localizacións xeográficas (autorización administrativa das Pías, autorización administrativa das praias e zonas de libre marisqueo da ría de Ferrol).

Capítulo VI

Permisos e excedencias

Artigo 12º.-Permisos.

O/a traballador/a terá dereito ó desfrute de permisos sen ningunha perda económica e non sendo recuperable o tempo do permiso, nos seguintes casos:

a) Defunción de familiares en primeiro grao de consanguinidade ou afinidade (3 días naturais).

b) Defunción de familiares en segundo grao de consanguinidade ou afinidade (2 días naturais).

c) Nacemento de fillos/as (3 días).

d) Por matrimonio do/a traballador/a ou parella de feito (15 días naturais).

e) Enfermidade de familiares en primeiro grao de consanguinidade que lles impida o normal desenvolvemento da súa vida ou que precisen da atención dunha terceira persoa (3 días).

f) Asistencia ambulatoria do/a traballador/a, o tempo preciso para a realización da consulta, incrementado en 60 minutos antes da cita médica e 60 minutos despois da saída do consultorio, co obxecto de que o/a traballador/a teña tempo de asearse e trasladarse ó centro médico e volver ó posto de traballo, debendo presenta-la traballador/a xustificante expedido polo médico ou, no seu defecto, polo centro médico no prazo de 24 horas.

g) Asistencia médica especializada será de aplicación o especificado na letra anterior para as consultas realizadas a menos de 15 quilómetros do centro de traballo; se o traballador tivese que se desprazar máis de 15 quilómetros do seu centro de traballo, deberá informa-la empresa do tempo que precisará para a realización da consulta.

h) Asistencia médica a fillos/as: aplícase o indicado nas letras f) e g).

i) O/a traballador/a terá, así mesmo, dereito ó desfrute daquelas horas que precise, co obxecto de lle dar cumprimento a unha norma de maior rango que este convenio (como pode ser acudir a un xulgado cando sexa citado, etc.).

Como norma xeral, cómpre engadir que o/a traballador/a comunicará, tan inmediatamente como lle sexa posible, que se ausentará do seu posto de traballo especificando a causa e presentando posteriormente xustificante que así o acredite; especificarase, ademais, que para as letras a) e b) cando o/a traballador/a se teña que trasladar a unha distancia superior a 100 quilómetros, estes permisos se verán aumentados nun día natural.

Artigo 13º.-Permisos sen soldo.

O/a traballador/a, así mesmo, poderá solicitar da empresa o desfrute de permisos que non se atopen enmarcados no artigo anterior, na contía máxima de sete (7) días ó ano solicitándoos cunha antelación de quince días, que non poderán ser desfrutados ó mesmo tempo por máis dun traballador/a da mesma categoría. Non se poderán desfrutar en menos de dous prazos, nin coincidindo con pontes ou en prolongación de vacacións.

Capítulo VII

Seguranza, saúde e hixiene

Artigo 14º.-Seguranza no posto de traballo.

Será de aplicación o disposto na actual lexislación vixente sobre a materia, concretamente a Lei de prevención de riscos laborais, así como toda aquela que se vaia aprobando no ámbito temporal deste convenio.

Artigo 15º.-Recoñecemento médico.

Co obxecto de evitar posibles enfermidades derivadas da realización do traballo, a empresa con

cretará unha revisión médica completa (recoñecemento laboral), que será obrigatoria para tódolos/tódalas traballadores/as, e que se realizará de xeito anual e dentro da xornada laboral, incluíndo revisións xinecolóxicas.

Capítulo VIII

Retribucións

Artigo 16º.-Salario base.

Entenderase por salario base a retribución correspondente en cada unha das categorías profesionais a unha actividade normal durante a xornada de traballo fixada neste convenio.

1. O soldo base considerarase sempre referido á xornada legal establecida neste convenio.

Artigo 17º.-Complemento persoal de antigüidade.

Tódolos/tódalas traballadores/as, sen excepción de categorías, desfrutarán ademais do seu soldo dun complemento de antigüidade.

1. Establécese que o dito complemento se aboará de xeito mensual, e que se computarán cuadrienios (4 anos).

2. Establécese que os/as traballadores/as que acaden o cuadrienio, dentro dos primeiros 15 días do mes, recibirán o dito complemento na nómina do mes no que acaden os 4 anos.

3. Establécese que a porcentaxe de cómputo para cada cuadrienio será do 5,5% do salario base establecido.

4. Non poderá supera-lo 33% do salario base.

Artigo 18º.-Complemento persoal de nocturnidade e complemento de festivo.

Tódolos/tódalas traballadores/as, sen excepción de categorías ou posto de traballo, que desempeñen o seu labor en horario nocturno ou en festivo desfrutarán, ademais do soldo base e os complementos a que teñan dereito de acordo con este convenio, dun complemento persoal de nocturnidade e dun complemento de traballo en festivo.

1. Establécese que se considerarán horas nocturnas as realizadas entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte.

2. Establécese que a porcentaxe de incremento para as horas nocturnas se fixa nun 25% sobre a hora normal ou diúrna; sempre que se realice a xornada nocturna en máis dun 75% das horas comprendidas entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte, cobrarase un incremento do 25% sobre toda a xornada.

3. Festivos: o valor da hora será un 30% superior ó valor da hora normal, e non será acumulable ó de nocturnidade.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

Supresión de horas extraordinarias. Realizaranse unicamente as horas derivadas de causas de forza maior, e serán aboadas ó prezo unitario por hora

de 7,25 euros. Estas deberán estar incluídas nas nóminas mensuais e en ningún caso se poderá adianta-lo límite das 80 horas anuais. Logo de acordo entre empresa e traballadores/as, poderase compensar en tempo por tempo.

Artigo 20º.-Táboa salarial 2003.

A táboa salarial para o ano 2003 é a que se indica como anexo I. Establécese unha cláusula de revisión salarial de xeito que se o IPC real resultante o 31 de decembro de 2003 é superior ó IPC previsto para ese ano, se incrementarán tódolos conceptos salariais na cantidade resultante desa diferencia.

Artigo 21º.-Situación de IT.

Cando un traballador/a encadrado/a dentro deste convenio se atope en situación de IT producida por accidente de traballo ou enfermidade profesional, percibirá un 90% da base de cotización desde o 1º día da baixa. Cando a IT veña derivada de continxencias comúns, o/a traballador/a percibirá un 85% da base de cotización a partir do 30º día.

Artigo 22º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, respectando os descansos legais.

1. Os días 25 de decembro, 1 de xaneiro e o día do patrón da confraría serán días non laborables e non recuperables. Así mesmo, os días 24 e 31 de decembro a xornada rematará, como máximo, ás 15 horas.

2. Os horarios de traballo seranlles entregados ós/ás traballadores/as cunha antelación mínima de 15 días ó inicio da prestación dos servicios; os/as traballadores/as deberán asina-lo recibín da entrega do horario.

Artigo 23º.-Vacacións do persoal.

Tódolos/tódalas traballadores/as desfrutarán, con independencia dos permisos que lles correspondan, dun período de vacacións de verán.

1. Establécese que todo/a traballador/a desfrutará de 30 días naturais de vacacións por ano traballado ou a súa parte proporcional, que se fixa en 2,5 días por mes traballado.

2. Existirá un calendario de vacacións acordadas entre a empresa e o representante dos/as traballadores/as, que deberá estar exposto antes do final do mes de marzo do ano no que se van desfruta-las vacacións.

4. A retribución dos/as traballadores/as, durante este período de vacacións será o salario base máis antigüidade.

Disposicións adicionais

Primeira.-A empresa facilitaralles ós/ás traballadores/as, que por razón do seu traballo así o precisen ou que así o xustifiquen, o material de traballo necesario así como os uniformes debidos.

Segunda.-A empresa facilitaralles ós gardas, anualmente, un uniforme completo de inverno (pantalón e camisa); un de verán (pantalón e camisa); de forma anual un par de botas; de forma bianual 1 anorak completo e 1 xersei de inverno e outro de verán; así mesmo, entregaralle ó patrón/a da lancha de vixilancia un uniforme ou funda de traballo de forma anual, botas de auga e roupa de augas; ó poxador/a de forma anual un uniforme ou similar e botas e roupa de augas; ó/á biólogo/a de forma anual botas de auga e roupa de auga, e de forma bianual un traxe de neopreno.

Terceira.-Ámbalas partes lembran que, se ó longo da vixencia deste convenio se publicase algunha disposición que afectase o contido deste texto, se convocará con carácter inmediato a comisión negociadora co fin de adapta-lo contido do convenio naqueles puntos que puidesen ser afectados.

Cuarta.-A empresa, na elaboración dos horarios de traballo de cada traballador/a, respectará como norma xeral o descanso entre xornadas de 10 horas e o descanso semanal de 36 horas continuadas, podendo a empresa, por necesidades do servicio, ampliar ata a 9 horas diarias o horario do/a traballador/a, aínda que deberá respectar un máximo de 40 horas semanais.

Quinta.-Os/as traballadores/as desfrutarán, así mesmo, de dúas pagas extras; unha delas que a empresa aboará dentro da primeira quincena do mes de xullo e que terá a denominación de paga extra de verán, e outra que será aboada pola empresa dentro da primeira quincena do mes de decembro, e que terá a denominación de paga extra de Nadal.

A súa contía será a do salario base máis antigüidade.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A empresa comunicaralle ó representante dos/as traballadores/as tódolos cambios relacionados co aspecto laboral dos/as traballadores/as cunha antelación mínima de cinco días, e cando non sexa posible, informarao tan inmediatamente como teña coñecemento do cambio ou variación producida.

Segunda.-Será de aplicación o establecido no Estatuto dos traballadores, cando por falta ou omisión neste convenio non estea establecido o contrario.

ANEXO I

Táboas salariais 2003

Categoría

Salario base

mensual

Incentivo

mensual

Salario

anual

Secretario/a746,75 A103 A11.587,50 A

Auxiliar administrativo/a615 A103 A9.743 A

Patrón/a embar. vixilante676,50 A103 A10.604 A

Gardapesca-patrón/a744 A103 A11.549 A

Poxador/a595 A61,80 A9.009 A

O/a biólogo/a percibirá a retribución de acordo co convenio da confraría coa consellería de pesca.