Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CC.LL.).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 27 de marzo de 2003, a acta do VI Congreso do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CC.LL.), que tivo lugar o 22 de marzo de 2003 en Santiago de Compostela, asinada polo secretario e presidenta da mesa do congreso, Xosé Pérez Rei e Esther López García, respectivamente, na que se recollen, entre outros acordos, o relativo á modificación, aprobación e nova redacción dos estatutos do devandito sindicato.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais