Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 de marzo de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Costa do Faro pertencente á parroquia de Santabaia de Camba do concello de Rodeiro.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 9 de maio do 2002, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Rodeiro.

Parroquia: Santabaia de Camba.

Cabida: 66,4 ha.

Lindes:

Norte: parcela propiedade de Javier Sánchez Failde.

Sur: predios particulares de Serafín Lamas Lamas, Francisco Lamas Rodríguez, Manuel Crespo Rodríguez, Jesús Poutón Pereira, Manuel Cambeiro Cambeiro, María Paz Jorge e Montes Veciñais da parroquia de Asperelo.

Leste: provincia de Lugo.

Oeste: predios particulares de Josefa López Carral, Antonio Calvo Novoa, José Diéguez López, Elisa Seijas Fernández, Aurora Seijas Fernández, Avelino Jorge Seijas, Manuel Cidre Sánchez, Felisa Cidre Sánchez, Manuel Cuñarro Sánchez, Gumersindo Sánchez Areas, Avelina Vázquez García, Cástor García García, Gerardo Vázquez González, José Mª López Cambeiro, Andrés Fernández Diéguez, Adelaida Fernández Diéguez, Aquilino Jorge Seijas, Avelino Jorge Seijas, José Fernández Diéguez, Jaime Diéguez Eiríz, Antonio Calvo Novoa, Gerardo Vázquez González,

José Arias García, Javier Sánchez García, Jaime Diéguez Eiriz, José Fernández Diéguez, Fernando Pérez Fernández, Josefa Valladares Fernández, Manuel Sáa García, Ermelinda García Porto, E. Pilar Eiriz Hermida, Serafín Cortés Fernández, Perfecto López Cambeiro, Encarnación Fafián Eiriz, Guillermo Diéguez S.S., Manuel Ledo Novoa, Perfecto López Cambeiro, Manuel Vence Cambeiro, Mª Cruz Álvarez Cambeiro, Josefa Valladares Fernández, Matilde Fernández Ledo, Manuel Vence Cambeiro e pista asfaltada de Asperelo á ermita do Faro.

Servidumes e ocupacións:

Este monte atópase ocupado por dous depósitos de auga, un poste de antena de radio e unha caseta de 1,5 X 1,5 m.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 27 de marzo de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra