Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 de marzo de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Anzo pertencente á parroquia de Anzo do concello de Lalín.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 3 de novembro de 1997, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Lalín.

Parroquia: Anzo.

Zona do Preguntoiro.

Cabida: 4,9 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Mª Teresa López García.

Sur: río Deza.

Leste: propiedades particulares de Benito Balo Otero, Antonio Rodríguez Castro, Manuel Crespo Brea, Manuel Mariño Lamas e Guillermo Baldomero Friol.

Oeste: propiedades particulares de Mª Teresa López García.

Zona da Costa.

Cabida: 18,5 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de José Blanco Prado, Manuel Fernández Rey e Manuel Mariño Lamas.

Sur: río Deza e propiedades particulares de Manuel González Penalta, Gerardo Lamela Taboada e Esther M. García Moreira.

Leste: propiedades particulares de José M. Mariño Lamas, Manuel Fernández Rey, Sara Lamela Rois, Antonio Rodríguez Castro, Manuel García López, Manuel González Penalta, Concepción González Gamallo, Magín García Sanmartín, Luis Lareo Taboada, Manuel Fernández Rey, Antonio Fernández Iglesias.

Oeste: propiedades particulares de Mercedes Rodríguez Mosquera, Manuel Mariño Lamas, Antonio Rodríguez Castro, José Vales Mato, Nieves Iglesias, José Granja Barreia, Manuel Fernández Rey, José Balo Barros, José Vales Mato, Magín García Sanmartín, Mario García Sanmartín, Manuel García López e Antonio Rodríguez Castro.

Zona do Cruceiro.

Parcela primeira.

Cabida: 1.750 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de José Granja Barreira e herdeiros de Manuel Cortizo Rozas.

Sur: camiño público.

Leste: camiño público e capela.

Oeste: propiedades particulares de José Granja Barreira.

Parcela segunda.

Cabida: 2.400 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: camiño veciñal.

Sur: propiedades particulares de José Blanco Prado.

Leste: propiedades particulares de Manuel González Penalta e Esther M. García Moreira.

Oeste: muro.

Parcela terceira.

Cabida: 14.300 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Manuel González Penalta e Gerardo Lamela Taboada.

Sur: propiedades particulares de Manuel García López e José Vales Mato.

Leste: propiedades particulares de José Blanco Prado.

Oeste: propiedades particulares de Manuel González Penalta.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba a regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 27 de marzo de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra