En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Agroganadera Trasgu LTRB, que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: serán membros da asociación tódolos gandeiros, agricultores e axentes relacionados co sector agrario.
Asinan a acta de constitución: Esperanza Taboada Vázquez e catro persoas máis.
Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2003.
Pilar Cancela Rodríguez
Directora xeral de Relacións Laborais