Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2003, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do modificado número 1 do proxecto de construcción da estrada de Pocomaco-A Zapateira, na Coruña, clave N/AC/95.4, termo municipal da Coruña.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras para realizar con cargo ó programa 413-B, Construcción, Conservación e Explotación de Estradas.

Con data 15 de xaneiro de 2003, procédese á aprobación do modificado nº 1 do proxecto de construcción das obras proxecto de construcción da estrada de Pocomaco-A Zapateira, na Coruña, clave: N/AC/95.4, termo municipal da Coruña, polo director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data 30 de setembro de 1999, a Xunta de Galicia procedeu a declaración de utilidade pública

e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 265/1999, publicado no DOG nº 197, do 11 de outubro de 1999.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, a data e a hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Edificio Dptos. Escola Técnica Superior de Arquitectura, (sala de xuntas, 1ª planta).

Campus da Zapateira-A Coruña.

Data: 5 de xuño de 2003.

Horario: de 10 a 13 horas.

De: Concello da Coruña.

A: Universidade da Coruña.

A relación de titulares, os bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello da Coruña e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia (praza de Luis Seoane, s/n 8ª planta) 15071 A Coruña.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante un prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, a fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia da Coruña, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 28 de abril de 2003.

José Luis Rodríguez Alonso

Xefe do Servicio Provincial de Estradas da Coruña