Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos número 25/2003, interposto por Áridos do Mendo, S.L., número 90/2003, interposto pola Asociación de Veciños da Recta, en Oleiros, Salvaterra de Miño, e Liñares-As Neves e número 92/2003, interposto pola Asociación de Afectados pola Plataforma Loxística-Industrial Salvaterra-As Neves.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso conten

cioso-administrativo 25/2003, interposto por Áridos do Mendo, S.L.; nº 90/2003, interposto pola Asociación de Veciños da Recta, en Oleiros, Salvaterra do Miño, e Liñares-As Neves e nº 92/2003, interposto pola Asociación de Afectados pola Plataforma Loxística-Industrial Salvaterra-As Neves, os tres contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de maio de 2002, sobre a aprobación definitiva do proxecto sectorial para implantación da plataforma loxística-industrial de Salvaterra-As Neves; esta secretaría resolveu ordena-la remisión do correspondente expediente ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda