Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 27 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/548-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos artigos 125 e 144 do R.D. 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Enderezo social: Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T. e C.T. Pinzas II-As Veigas.

Situación: concello de Tomiño.

Características técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, con conductor LA-30, de 731 m de lonxitude, con orixe nun apoio da L.M.T. existente a Tebra e remate no C.T. aéreo, de 160 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, que se proxecta nas Veigas-Pinzas, no concello de Tomiño.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, así mesmo, por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto no artigo 161 do R.D. 1955/2000.

Pontevedra, 27 de febreiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Liña de media tensión en Pinzas II (Tomiño).

Concello: Tomiño.

Provincia: Pontevedra.

-Predio:

Polígono: 37.

Parcela: 136.

Cultivo: monte alto.

Nº predio plano: 1.-Propietarios:

Nome: Comunidade de Montes de Pinzas.

Domicilio: pte. José Meneses Conde. Pinzas, Igrexa, nº 7.-Afección:

Apoio: nº 3; m: 15.

Voo long.: 451,93; m: 7.230,88.