Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.690

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRINTA E DOUS DE MADRID

EDICTO (186/2002).

Eu, Mª Dolores Olalla García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número trinta e dous de Madrid, fago saber que no procedemento de execución nº 186/2002 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Mendes, Marcel Gomis, contra a empresa Seidi Gois Construcciones, S.L., sobre ordinario, se dictou a seguinte resolución, da que se xunta copia literal:

E para que sirva de notificación en legal forma a Seidi Gois Construcciones S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no BOP.

En Madrid, 26 de marzo de 2003.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentencia, ou se se trata de emprazamento.

A secretaria xudicial

Rubricado

«Dilixencia.-En Madrid, 26 de marzo de 2003.

Esténdoa eu, a secretaria xudicial, para facer constar que se practicaron as indagacións necesarias para atopar bens suficientes do executado dos que facer embargo sen pleno resultado. Paso a lle dar conta a S.Sª, xuntando a proposta de auto. Dou fe.

Proposta da secretaria xudicial Mª Dolores Olalla García.

Auto.

En Madrid, o 26 de marzo de 2003.

Feitos.

Primeiro.-Neste procedemento seguido entre as partes, dunha, como demandante, Francisco Mendes, Marcel Gomis, e doutra, como demandada, Seidi Gois Construcciones, S.L., se dictou resolución xudicial, despachando execución con data do 16 de decembro de 2002, para cubrir un total de 3.427,02 euros en concepto de principal.

Segundo.-Practicouse sen pleno resultado dilixencia de embargo e, tralas necesarias indagacións, descoñécese a existencia de bens suficientes susceptibles de embargo e déuselle a preceptiva audiencia ó Fondo de Garantía Salarial.

Razoamentos xurídicos

Único.-Os artigos 248 e 274 da LPL dispoñen que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado sobre os que facer embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, de seren infructuosas total ou parcialmente, dictarase auto de insolvencia tras oí-lo Fondo de Garantía Salarial.

Parte dispositiva.

En atención ó exposto, acórdase:

a) Declara-la executada Seidi Gois Construcciones, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 3.427,02 euros de principal máis 145,65 euros en concepto de xuros, e 342,70 euros de custas, insolvencia que se entenderá para tódolos efectos como provisional.

b) Arquiva-las actuacións logo de anotación no libro correspondente deste xulgado, e sen prexuízo de continua-la execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ó Fondo de Garantía Salarial, advertindo que contra ela cabe interpor recurso de reposición ante este xulgado, dentro do prazo de cinco días hábiles contados desde a súa notificación e, unha vez firme, fágase entrega da certificación á parte executante para que produza efectos ante o Fondo de Garantía Salarial.

O que lle propoño á S.Sª para a súa conformidade. Dou fe.

Conforme.

Maxistrado.

A secretaria xudicial.

Dilixencia: a seguir cúmprese o acordado e procédese á súa notificación ós interesados polos medios e cos requisitos establecidos nos artigos 55 ó 60 da LPL, dou fe».