Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 1 de abril de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relaciona o inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación, pendente de notificar, e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Iglesias Montes, Lidia).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase o inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación, pendente de notificar despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación dos artigos 35, 110 e 142 da Lei xeral tributaria, e 36 do Regulamento xeral de inspección tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio de Secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal, 8-3ª planta Vigo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 1 de abril de 2003.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesada: Iglesias Montes, Lidia.

DNI: 34931817-S.

Av. de Marín, 19 5º A. Ourense.

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Exercicio: 1999.