Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.689

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (424/2002).

En nome da súa Maxestade El-Rei.

En Santiago de Compostela o 14 de marzo de 2003.

María Fe López Juiz, xuíza maxistrada substituta do Xulgado de Primeira Instancia número tres de Santiago de Compostela, dictou este edicto no xuízo de faltas 424/2002 no que é parte denunciante Ana Margarita Prevot Badoual e parte denunciada Nicolay Lencov Totev, interveu o Ministerio Fiscal.

Sentencia.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Estas actuacións incoáronse en virtude dunha denuncia por furto presentada pola denunciante nas dependencias da Policía Local de Santiago de Compostela con data do 26 de outubro de 2002. Trala citación das partes para o xuízo, este tivo lugar o 11 de marzo de 2003, co resultado que consta na acta.

Segundo.-Na vista de xuízo oral de faltas realizado o 11 de marzo de 2003, non compareceron nin a denunciante, nin o denunciado. O Ministerio Fiscal non formulou acusación.

Feitos probados.

Único.-Que con data do 26 de outubro de 2002 formulou denuncia contra Nicolay Lencov por falta de furto, feitos que non quedaron probados no acto de xuízo de faltas.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-Procede dictar unha sentencia absolutoria ó non comparece-la parte denunciante, nin o denunciado no acto de xuízo, e ó non formular acusación o Ministerio Fiscal.

Segundo a doutrina sentada polo Tribunal Constitucional (SS 18 de abril de 1985), no sistema penal español rexe o principio acusatorio conforme o cal a facultade de xulgar depende de que algunha das partes procesuais, xa sexa o Ministerio Fiscal ou o acusador particular, exerza a acción penal, posto que só neste caso poderá o xuíz dictar sentencia condenatoria, quedando en caso de falta de acusación vinculado por este e compelido a dictar sentencia absolutoria.

En consecuencia, facendo aplicación do exposto neste caso, ó non presentar acusación ningunha das partes, sen que vistas as circunstancias do caso proceda facer uso da facultade establecida no artigo 644 da Lei de axuizamento criminal, nin por analoxía do previsto no artigo 733 do mesmo corpo penal, procede dictar sentencia absolutoria.

Segundo.-De conformidade co establecido no artigo 240 da Lei de axuizamento criminal, procede declara-las custas de oficio.

Resolvo que debo absolver e absolvo a Nicolay Lencov Totev da falta que se lle imputa.

En canto ás custas procesuais, aplíquese o disposto no último fundamento de dereito.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poderán interpor ante este xulgado recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificaicón.

Así o acordo, mando e asino».

Rubricado